CURSO 2017-2018 (IX edición)

Número de prazas ofertadas: 25

Perfil dos alumnos

O 38,81% dos alumnos das nove primeiras edicións do MXDS cursaron as súas titulacións de orixe fora da Universidade de Vigo. O 54,23% dos alumnos cursaron previamente unha titulación do ámbito xurídico-social, o 27,36% unha titulación do ámbito científico, o 16,42% do ámbito tecnolóxico e o 1,99% do ámbito das artes e humanidades. Para unha información máis detallada consulte esta entrada no noso blog.

Criterios de acceso

O perfil multidisciplinar do máster, deseñado para formar profesionais polivalentes, estende o abano de candidatos a calquera titulado universitario. Non obstante, terán preferencia os que proveñan de titulacións dos ámbitos científico, tecnolóxico e xurídico-social afíns ao desenvolvemento sostible como, por exemplo, Ciencias do Mar, Bioloxía, Enxeñería de CamiñosQuímica, Ciencias Ambientais, Enxeñería Industrial, Publicidade e Relacións PúblicasEnxeñería de Minas, Socioloxía, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Enxeñería Ambiental, Empresariais, Enxeñería Forestal ou de MontesDereito, Ciencias Políticas e da Administración, Dirección e Xestión Pública, Física, Turismo, Xeografía e Historia, etc.

O MXDS busca a máxima internacionalización e promove a participación de alumnos estranxeiros. Por ese motivo, reserva un cupo para alumnos de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior. Para máis información: mxdsostible@uvigo.es

Proceso de admisión

Segundo establece o Regulamento de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo (aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado o 8 de febreiro de 2012), a Comisión Académica do Máster é o órgano encargado da selección dos alumnos. 

A Comisión Académica do MXDS está formada por: Pilar Piñeiro García (Presidenta), Rocío Rodríguez Daponte (Secretaria), Xavier Labandeira Villot, Alberto Gago Rodríguez, Gonzalo Méndez Martínez, Miguel E. Rodríguez Méndez e Ana I. Dopico Parada.

Requisitos de acceso

Son os fixados no artigo 16 do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010.

1) Para acceder ás ensinanzas oficiais de Mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espacio Europeo de Educación Superior que faculte no mismo para o acceso a ensinanzas de Mestrado.

2) Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espacio Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españoles e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo que estea en posesión do interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar as ensinanzas de Mestrado.

Criterios de valoración de méritos

No caso de superarse o límite de prazas establecido, a selección dos candidatos realizarase tendo en conta os seguintes aspectos:

- Expediente académico: ata 6 puntos. A valoración do expediente ponderarase polo coeficiente da titulación e tomará os seguintes valores: (a) Titulacións dos campos científico, tecnolóxico e xurídico-social afíns ao Mestrado: 1,00 (b) Titulacións dos campos científico, tecnolóxico e xurídico social non afíns ao Mestrado: 0,75 (c) Outras titulacións: 0,50

- Traballos académicos adicionais: ata 1 punto.

- Experiencia profesional: ata 1 punto.

- Carta de motivación: ata 1 punto.

- Outros (idiomas, informática, etc.): ata 1 punto.

Documentación a entregar

- Formulario de solicitude de admisión de la Universidad de Vigo.

- Expediente académico

- Fotocopia do DNI / Pasaporte

- Currículum Vitae actualizado

- Memoria de 250 palabras que explique os motivos polos cales o candidato desexa realizar  o Mestrado e que considera que pode aportar ao desenvolvemento do programa (carta de motivación).

Os estudantes estranxeiros de fala non hispana deberán acreditar que teñen os coñecementos lingüísticos suficientes para cursar o Mestrado (aportando certificados de institucións oficiais ou someténdose a unha proba oral e escrita) ou, no seu defecto, garantizar a aprendizaxe do mesmo ao longo do curso mediante compromiso escrito de matrícula nos cursos de idiomas para estranxeiros ofrecidos pola Universidade de Vigo (impartidos polo Centro de Linguas que depende da Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo), ou noutros equivalentes.


EspañolGalegoEnglish
Calendario de preinscripción y matrícula del curso 2018-2019>>
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS (XVII): Brais Suárez Eiroa (Ingeniero Industrial)>>
Nuestros alumnos: ¿Cómo son los 201 del MGDS?>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo