11/07/2017
Blog do MXDS
Para manterte informado das novidades do MXDS consulta o noso Blog neste Disfunción eréctil.
11/07/2017
Blog do MXDS
Para manterte informado das novidades do MXDS consulta o noso Blog neste enlace.
02/10/2014
Conferencia de Xavier Labandeira


Informe do Grupo III del IPCC sobre mitigación do cambio climático

Lugar: Salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, da Facultade de Ciencias do Mar. 

Hora: 13:00h

Día: 2 de outubro

15/09/2014
Como afecta o cambio climático á costa española?

Este xoves 18 de setembro: Seminario de Íñigo Losada. Explicará polo miúdo, os resultados do quinto informe do Grupo de Traballo II do IPCC.

Lugar: Salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, da Facultade de Ciencias do Mar.

Hora: 13:00h

Máis información

Publicación en prensa

Unha alumna do MXDS analiza o comportamento do consumidor ecolóxico
28/07/2014
Unha alumna do MXDS analiza o comportamento do consumidor ecolóxico
Beatriz Mariño, alumna do curso 2013/2014, analiza no seu Traballo Final de Máster o comportamento do consumidor ecolóxico e propón un "enfoque común" por parte dos comercios locais para potenciar este mercado.
Visita PSA PEUGEOT CITROËN
07/03/2014
Visita PSA PEUGEOT CITROËN
Esta mañá, os alumnos do MXDS tiveron a oportunidade de visitar a planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo, marcando o punto final do Módulo de Medio Ambiente e Automoción
Visita a SAMPER REFEINSA GALICIA
25/02/2014
Visita a SAMPER REFEINSA GALICIA
Os alumnos do MXDS realizaron unha visita á empresa de xestión de residuos, á planta de Samper Refeinsa Galicia.
09/02/2014
Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España
Nova edición do "Programa de bolsas e axudas á investigación da Fundación Iberdrola" para o curso 2014-2015. En anos anteriores varios alumnos do MXDS foron bolseiros da Fundación Iberdrola. 
Prazo límite: 3 de abril de 2014. 
Axudas da Xunta de Galicia para cursar estudios universitarios oficiais de Máster
07/10/2013
Axudas da Xunta de Galicia para cursar estudios universitarios oficiais de Máster
A Xunta de Galicia convoca axudas para cursar estudos universitarios conducentes á obtención dun título oficial de máster universitario no curso 2013-2014. As axudas están destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego e cubre os gastos de matrícula dos estudos de máster que teñan recollida na súa memoria unha orientación profesional, como é o caso do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. Máis información neste enlace. 
A experiencia de Marta Cristos, alumna do V MXDS, en Iberdrola
25/09/2013
A experiencia de Marta Cristos, alumna do V MXDS, en Iberdrola
Marta Cristos, alumna do V Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible e bolseira da Fundación Iberdrola, realizou as súas prácticas do Máster en Iberdrola en Madrid. Coñece a súa experiencia no Blog de Iberdrola. 
O TFM dunha aluna do MXDS aboga por implantar o turismo mariñeiro no PN Illas Atlánticas
09/09/2013
O TFM dunha aluna do MXDS aboga por implantar o turismo mariñeiro no PN Illas Atlánticas
Cristina Lima, aluna do máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible realizou as prácticas no Parque Nacional Illas Atlánticas, plasmando así o resultado das mesmas no seu traballo fin de máster, que aboga por implantar o turismo mariñeiro coa implicación das cofradías para beneficiar á economía do entorno e a conservación do medio.

Vexa a noticia publicada no Faro de Vigo pulsando aquí.
20/06/2013
Bolsas de posgrao en Medio ambiente
Máis información aquí.
16/05/2013
Aprobado o calendario de matrícula para o curso 2013-2014
A Comisión de Estudos de Posgrao, na súas reunions do 18 de abril e 3 de maio, aprobou o calendario de matrícula para o curso 2013-2014. Para matrícula ordinaria (titulados) o primeiro prazo de preincrición é do 28 de xuño ao 4 de xullo. Se quedan prazas pendentes haberá un segundo prazo (do 27 de agosto ao 3 de setembro).
Máis información no apartado Matrícula.
Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España
23/01/2013
Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España

Nova edición do "Programa de bolsas e axudas á investigación da Fundación Iberdrola" para o curso 2013-2014. Máis concretamente, lanzouse a IV Convocatoria de Bolsas para cursar Estudios de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en España. Cabe destacar que nas 3 convocatorias anteriores o MXDS contou con bolseiros da Fundación Iberdrola. 

Tamén se lanza a III Convocatoria de Bolsas para cursar estudios de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en Reino Unido e a III Convocatoria de Axudas á Investigación en Enerxía e Medio Ambiente. 

Prazo límite: 28 de febreiro de 2013. 

Máis información e formulario de solicitude.

Os alunos do MXDS visitan as Illas Cíes
01/12/2012
Os alunos do MXDS visitan as Illas Cíes

O sábado 1 de decembro os alunos do MXDS participaron nunha visita ás Illas Cíes "con otra mirada",  actividad organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia e o  Campus do Mar.

Durante a subida ao Monte do Faro e a través do mirador de aves, púidose disfrutar da flora e fauna da illa. Máis fotos da viaxe.

Prácticas Erasmus en empresas e institucións estranxeiras
03/09/2012
Prácticas Erasmus en empresas e institucións estranxeiras
O programa Erasmus prácticas inscríbese dentro do Lifelong Learning Programme da Unión Europea e posibilita a estancia do alumno nunha empresa ou institución europea durante un período mínimo de 3 meses. A bolsa está dotada de 300 € mensuais e é compatible coas gratificacións que de forma voluntaria aporte a empresa.
Para poder optar a unha bolsa do programa Erasmus prácticas é necesario ser alumno da Universidade de Vigo (por exemplo, dun mestrado como o MXDS), ter unha carta de aceptación asinada pola empresa, non ter gozado previamente dunha bolsa dos programas Leonardo da Vinci ou Argo e ter o nivel de idioma requirido pola empresa. 
Máis información na páxina web da ORI ou no enderezo electrónico [email protected].
03/09/2012
Bolsas para a formación complementaria no ámbito do desenvolvemento sostible e a xestión ambiental
A Universidade de Vigo convoca dúas bolsas de formación complementaria destinadas aos estudantes matriculados en estudos oficiais de máster ou doutoramento. O tempo de dedicación estará comprendido entre 10 e 20 horas semanais, tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico. 
Prazo de solicitude: do 12 de xullo de 2102 ata as 14:00 horas do 19 de setembro de 2012.  
Máis información neste enlace.
A Fundación Iberdrola aposta polos alumnos do V MXDS
19/06/2012
A Fundación Iberdrola aposta polos alumnos do V MXDS
Dous futuros estudantes do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible veñen de obter cadansúa bolsa outorgada pola Fundación Ibedrola para estudos de mestrado e posgrao en España e Reino Unido. Marta Cristos e Ángel Sotelo foron quen de situarse entre os 25 proxectos galardoados cunha bolsa de 1200 euros mensuais de entre os 350 presentados ao programa Enerxía e Medio Ambiente para o curso 2012-2013.
Máis información no Duvi e no Faro de Vigo.
O MXDS firma un convenio coa empresa Samper Refeinsa
01/06/2012
O MXDS firma un convenio coa empresa Samper Refeinsa
A compañía galega de xestión integral de residuos Samper Refeinsa e a Universidade de Vigo formalizaron onte coa sinatura dun convenio de cooperación educativa o apoio que a empresa ven dando ao Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible, colaboración que se materializa nunha axuda económica de 3000 euros anuais, en asesoramento técnico á hora de ir actualizando os contidos do propio posgrao e en prácticas profesionais remuneradas para o alumnado do mestrado.
Ver noticias relacionadas no DUVI, Faro de Vigo e Atlántico Diario
16/04/2012
Aberto un prazo extraordinario de admisión para alumnos estranxeiros para o curso 2012-2013
Do 17 de abril ao 30 de xuño de 2012 estará aberto un prazo extraordinario para que os alumnos estranxeiros poidan solicitar a súa admisión no Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. Máis información no apartado de Matrícula.
O MXDS firma un novo convenio coa Autoridade Portuaria de Vigo
11/04/2012
O MXDS firma un novo convenio coa Autoridade Portuaria de Vigo

O  presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron esta mañá o  novo convenio de colaboración que posibilitará que o alumnado do mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible poida realizar prácticas nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo.

Os alumnos do IV MXDS visitan EMALCSA
08/03/2012
Os alumnos do IV MXDS visitan EMALCSA

EMALCSA (Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A.) é a responsable da xestión total do Abastecemento de auga potable no Concello de A Coruña e no de Carral, así como o saneamento deste último. Os alumnos visitaron as duas plantas de potabilización de auga e a de lodos.

Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España.Prazo 29 de febreiro
22/02/2012
Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España.Prazo 29 de febreiro

A Fundación Iberdrola convoca as súas bolsas para estudios de máster en enerxía e medio ambiente en España.  A III e a IV edición do MXDS contaron con bolseiros da Fundación Iberdrola. Prazo límite: 29 de febreiro de 2012. 

Máis información e formulario de solicitude.

Os alumnos do IV MXDS visitan PSA CITROËN
21/02/2012
Os alumnos do IV MXDS visitan PSA CITROËN
O Centro de PSA Peugeot Citröen de Vigo colabora por primeira vez co Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. Acompañados polo personal do Servicio de Medio Ambiente,  os alumnos visitaron os puntos de interés ambiental da fábrica (depuradora de augas residuais,  prensa de chatarra, parque de residuos e incineradora).
Valora Consultores renova o seu apoio ao MXDS
12/01/2012
Valora Consultores renova o seu apoio ao MXDS

Valora Consultores, unha das principais empresas galegas no ámbito da sostibilidade, responsabilidade social e innovación, formalizou, por segundo ano consecutivo, un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para financiar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A firma colaborará tamén aportando profesores ao Máster e facilitando prácticas aos alumnos.

Ver noticia relacionada no DUVI.

Os alumnos do IV MXDS visitan Sogama e Sotavento
29/11/2011
Os alumnos do IV MXDS visitan Sogama e Sotavento
Un grupo de alumnos do IV MXDS visitaron as instalacións de Sogama en Cerceda (A Coruña) e o parque eólico experimental Sotavento, situado entre os términos muncipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).
Blas de Lezo, empresa colaboradora do MXDS, premio ao mellor despacho español de dereito marítimo
08/11/2011
Blas de Lezo, empresa colaboradora do MXDS, premio ao mellor despacho español de dereito marítimo
O despacho de avogados especializado no sector marítimo Blas de Lezo recibiu o premio ao mellor despacho español de dereito marítimo concedido pola revista Legal Acquisition International. A publicación especializada, líder do sector, na edición 2011 dos “Legal Awards” recoñeceu a labor de Blas de Lezo entre todos os despachos de España.
A este recoñecemento únese que o socio director de Blas de Lezo, Miquel Roca, foi incluído na lista dos mellores 50 avogados de España que realiza a publicación Corporate International Magazine. Roca convírtese así no único avogado galego que accede a este selecto grupo de profesionais.


Máis información picando aquí.

Alumnos do MXDS realizarán prácticas no centro vigués de PSA Peugeot Citröen
02/11/2011
Alumnos do MXDS realizarán prácticas no centro vigués de PSA Peugeot Citröen

O grupo automobilístico PSA Peugeot Citröen acaba de asinar un convenio coa Universidade de Vigo para que os alumnos do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible poidan realizar prácticas de 6 meses nas instalacións da factoría gala en Vigo. Ademáis, o mestrado contará con expertos da firma automobilística para impartir diversos seminarios.

Ver noticias relacionadas no DUVI e no Diario de Pontevedra.

Emiliano López Atxurra inaugura a cuarta edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
07/10/2011
Emiliano López Atxurra inaugura a cuarta edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
O 6 de outubro tivo lugar a inauguración do IV Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. O acto contou coa presenza do Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e do avogado e econmista Emiliano López Atxurra, socio de EF International Strategy e conselleiro independente de Gas Natural Fenosa, Petronor e BBK Bank.
A conferencia impartida por Atxurra, titulada Enerxía e sociedade competitiva e sustentable, versou sobre o presente e o futuro enerxético internacional e foi seguida por alumnos do máster, membros da comunidade universitaria e representantes de diferentes empresas e institucións colaboradoras do MXDS.
Ver noticias relacionadas no Faro de Vigo e no DUVI.
03/10/2011
Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no terceiro prazo de matrícula
Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.
19/09/2011
Publicada a listaxe definitiva de admitidos no MXDS no segundo prazo de matrícula
Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.
12/09/2011
Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no segundo prazo de matrícula
Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.
Unha alumna do MXDS crea un plan para frenar ao visón americano no PN Illas Altánticas
11/08/2011
Unha alumna do MXDS crea un plan para frenar ao visón americano no PN Illas Altánticas
María García Chico, unha cacereña licenciada en Ciencias Ambientais, realizou entre os meses de abril e xullo as súas prácticas do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible en Cíes. Durante este tempo coñeceu de preto as actividades que se levan a cabo dentro do plan de control do visón americano que coordina o biólogo da Universidade de Santiago Rafael Romero dende que se detectou que estos invasores supoñían unha enorme amenaza para a poboación de cormorán moñudo, unha especie en perigo de extinción. 
O proxecto elaborado pola estudante aboga por crear unha zona de protección no entorno das illas e establecer un diálogo con administradores, criadores e asociacións ecoloxistas para pór coto á invasión.
Vexa a noticia publicada no Faro de Vigo pulsando aquí.
21/07/2011
Publicada a listaxe definitiva de admitidos no MXDS no primeiro prazo de matrícula
Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.
14/07/2011
Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no primeiro prazo de matrícula
Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.
35 Bolsas do Campus do Mar para realizar másteres nas 3 universidades galegas
07/07/2011
35 Bolsas do Campus do Mar para realizar másteres nas 3 universidades galegas
O Campus do Mar convoca 35 Bolsas para realizar másteres nas 3 universidades do Sistema Universitario Galego (Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña), promotoras do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. Estas bolsas están dirixidas a estudantes de calquera nacionalidade que sexan admitidos nun máster das universidades de Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña, e que centren o seu traballo de fin de máster no ámbito mariño ou marítimo.  A bolsa financiará o custe da matrícula do máster (ata un máximo de 1800 € no caso de másters científicos e tecnolóxicos e de 1200 € nos dos ámbitos de humanidades e xurídico-sociais) e unha dotación mensual de 750 € mensuais durante o período de disfrute da bolsa. O prazo para solicitar estas bolsas remata o 29 de xullo de 2011. As bases da convocatoria poden ser consultadas na páxina web do Campus do Mar.
11/05/2011
Prazo extraordinario de admisión para estudantes estranxeiros para o curso 2011-2012
A Universidade de Vigo convoca un prazo extraordinario de admisión para os estudantes estranxeiros. Cada máster poderá adiantar a admisión de ata 5 alumnos estranxeiros. O prazo de solicitudes vai do 9 de maio ao 30 de xuño de 2011. Para máis información sobre os requisitos de acceso, a documentación a presentar e o procedemento descargue a convocatoria ou consulte o apartado Matrícula.
03/05/2011
Aprobado o calendario de matrícula para o curso 2011-2012
A Comisión de Estudos de Posgrao, na súa reunión do 26 de abril de 2011, aprobou o calendario de matrícula para o curso 2011-2012. Para matrícula ordinaria (titulados) o primeiro prazo de matrícula é do 1 ao 7 de xullo. Se quedan prazas pendentes haberá un segundo prazo (do 30 de agosto ao 5 de setembro) e un terceiro prazo (do 27 ao 29 de setembro). A matrícula en formación continua (non titulados) realizaráse do 30 de agosto ao 5 de setembro.
Máis información no apartado Matrícula.
Revertia comenza o desenvolvemento do seu informe sobre la Pegada de Carbono
31/03/2011
Revertia comenza o desenvolvemento do seu informe sobre la Pegada de Carbono
Revertia, en colaboración co Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo iniciou un estudio científico con dous obxectivos: coñecer a pegada de carbono dos procesos que se realizan nas súas instalacións e cuantificar o impacto en emisións de CO2 que ten a reutilización dos equipos informáticos frente á outra opción maioritaria de tratamento, a reciclaxe.
Máis información pulsando aquí.
Visita a Sogama dos alumnos do III MXDS
15/03/2011
Visita a Sogama dos alumnos do III MXDS
O 15 de marzo de 2011 os alumnos do III Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible realizaron unha visita ás instalacións de Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente).
Seminario de Daniel Rey García: Exploración do Gran Burato, indicios de gas e cambio climático
14/03/2011
Seminario de Daniel Rey García: Exploración do Gran Burato, indicios de gas e cambio climático
Como parte do Ciclo de Conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizado polo MXDS e Economics for Energy, Daniel Rey (GEOMA, Grupo de Xeoloxía Marina e Ambiental da Universidade de Vigo) impartiu un seminario sobre a expedición científica ó Gran Burato, situado a uns 250 quilómetros da costa galega, para explorar as posibles reservas de gas.
Ver noticia publicada no Faro de Vigo. Tamén pode ver a grabación da conferencia realizada pola UVigo Televisión: presentación, conferencia, preguntas do público e entrevista.
Seminario de Senén Ferreiro: Empresa e cambio climático, retos e oportunidades
22/02/2011
Seminario de Senén Ferreiro: Empresa e cambio climático, retos e oportunidades
Hoxe tivo lugar na sé da Fundación Pedro Barrié de la Maza a terceira das Conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizadas polo MXDS e Economics for Energy. Senén Barreiro, Director Xeral de Valora Consultores, impartiu un seminario sobre os retos e oportunidades as que se enfrentan as empresas ante o cambio climático.
Pode ver a grabación da conferencia realizada pola UVigo Televisión: conferencia, preguntas do público e entrevista.
Bolsas Fundación Iberdrola para másteres en enerxía e medio ambiente 2011-2012
21/02/2011
Bolsas Fundación Iberdrola para másteres en enerxía e medio ambiente 2011-2012

A Fundación Iberdrola presentou o pasado mes de xaneiro a II Convocatoria de Bolsas para Estudos de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en España. As áreas formativas contempladas son as seguintes: enerxías renovables, xestión de emisións e captura de carbono, eficiencia enerxética, medio ambiente e biodiversidade, e sistema enerxético sostible. A presente convocatoria prevé conceder ata 25 bolsas para o periodo 2011-2012, para cursar estudos de máster en universidades ou centros tecnolóxicos españois. Esta convocatoria está dirixida a estudantes españois, británicos e estadounidenses.

O prazo de inscrición na convocatoria de bolsas 2011-2012 finalizou o 15 de febreiro. Tras a revisión de todas as solicitudes recibidas, publicaráse a relación final de candidatos admitidos o 15 de xuño de 2011.

Máis información na web da Fundación Iberdrola.

 

Os alumnos do MXDS visitan Sotavento
14/02/2011
Os alumnos do MXDS visitan Sotavento
Un grupo de alumnos do III MXDS visitaron o parque eólico experimental Sotavento, situado entre os términos muncipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).
Os alumnos do III MXDS asistiron a un curso de conducción eficiente
25/01/2011
Os alumnos do III MXDS asistiron a un curso de conducción eficiente
O pasado 21 de xaneiro os alumnos do III MXDS realizaron un curso de conducción eficiente organizado pola Fundación Sotavento Galicia. Durante a xornada, unha educadora impartiu unha parte teórica e outra práctica nun vehículo facilitado pola fundación.
 
Seminario de Anil Markandya: Economía do cambio climático despois de Cancún
13/12/2010
Seminario de Anil Markandya: Economía do cambio climático despois de Cancún
Anil Markandya impartiu a segunda das conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizadas polo MXDS e Economics for Energy. A conferencia do Director de BC3 e membro do IPCC (Panel Intergubernamental sobre cambio climático) versou sobre a Economía do Cambio Climático despois de Cancún.
Pode ver a grabación da conferencia realizada pola UVigo Televisión: presentaciónconferencia, preguntas do público e entrevista.
Seminario de Rosa García Piñeiro: Políticas verdes, riscos e oportunidades
15/11/2010
Seminario de Rosa García Piñeiro: Políticas verdes, riscos e oportunidades
Inaugurouse o Ciclo de Conferencias sobre Enerxía, Sostibilidade e Empresa, organizado polo MXDS e Economics for Energy, coa colaboración da Fundación Pedro Barrié de la Maza. A primeira das conferencias foi impartida por Rosa García Piñeiro (Directora de Sostibilidade de Alcoa para Europa) e versou sobre os riscos e oportunidades das políticas verdes.  
Pode ver a grabación da conferencia realizada pola UVigo Televisión: conferencia, preguntas do público e entrevista.
O MXDS inaugura a súa terceira edición cunha conferencia de Heikki Willstedt
01/10/2010
O MXDS inaugura a súa terceira edición cunha conferencia de Heikki Willstedt
O 1 de outubro inauguróuse a terceira edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible cunha conferencia impartida por Heikki Willstedt, director de Políticas Enerxéticas da Asociación Empresarial Eólica.  No transcurso do acto tamén se lle fixo entrega aos titulados da pasada edición dos seus diplomas acreditativos.
Ver noticias relacionadas no Faro de Vigo e no DUVI.
Valora Consultores súmase ó Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
02/09/2010
Valora Consultores súmase ó Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Valora Consultores, unha das principais empresas galegas no ámbito da sostibilidade, responsabilidade social e innovación, formalizou un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para financiar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A firma colaborará tamén aportando profesores ao Máster e facilitando as prácticas dos alumnos.
Ver noticias relacionadas en UniversiaAtlántico Diario e o no Faro de Vigo.
O traballo fin de máster dun alumno do MXDS propón limitar a 18 os fondeos diarios nas Cíes
01/09/2010
O traballo fin de máster dun alumno do MXDS propón limitar a 18 os fondeos diarios nas Cíes
A supervivencia do cormorán moñudo no Parque Nacional Illas Atlánticas peligra e o turismo náutico supón unha das súas maiores ameazas. Un estudio realizado na Universidade de Vigo recomenda reducir o número de embarcacións fondeadas no entorno de Cíes a un máximo de dezaoito. Unha cifra moi inferior ao centenar de veleiros e xates que recalan na zona durante moitas xornadas do verán.
O biólogo Manuel Francisco Muñoz, que cursou o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible durante o último ano e realizou as súas prácticas nas Illas Cíes, determinou o número de embarcacións que poden recalar nas súas augas durante un tempo determinado e as súas incidencias negativas na tasa de alimentación da especie. Os resultados forman parte do proxecto presentado como Traballo Fin de Máster co que acaba de concluir os seus estudos de posgrao.
Ver noticia relacionada no Faro de Vigo.
A excelencia escolle o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
21/07/2010
A excelencia escolle o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible
Dúas bolseiras da Fundación Iberdrola, de entre os 38 elexidos, escollen o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo para completar os seus estudios.
Trátase de A. Ballesteros, madrileña licenciada en Ciencias Ambientais e E. Medina, canaria e enxeñeira industrial, ambas con brillantes expedentes e varios premios.
Esta elección corresponde tanto á calidade do programa como á especificidade de contidos e ó seu perfil multidisciplinar e pioneiro. O feito de que a Fundación Iberdrola recibise máis de 600 solicitudes mostra a alta calidade dos escollidos. Os seus currículums son definidos como fóra de serie, o que dota ó MXDS de prestixio.
Ver nota de prensa da Fundación Iberdrola e noticias relacionadas no Faro de Vigo e Atlántico Diario.
Conferencia de Rosa María Graña, presidenta de Tragsa
23/02/2010
Conferencia de Rosa María Graña, presidenta de Tragsa
Rosa María Graña, presidenta do grupo Tragsa, impartiu hoxe a terceira conferencia do ciclo organizado polo Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A conferencia versou sobre a xestión pública de residuos.
Ver noticia publicada no Faro de Vigo.
Visita dos alumnos do II MXDS ao parque eólico de Viveiro e a Alcoa
25/01/2010
Visita dos alumnos do II MXDS ao parque eólico de Viveiro e a Alcoa
O 25 de xaneiro os alumnos visitaron o parque eólico de Viveiro e as instalacións de Alcoa en San Ciprián.
Seminario de Rosa García Piñeiro, responsable de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Alcoa
18/01/2010
Seminario de Rosa García Piñeiro, responsable de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Alcoa
Rosa García Piñeiro, responsable de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Alcoa a nivel europeo, impartiu hoxe a segunda conferencia do ciclo organizado polo MXDS.
Ver noticia publicada no Faro de Vigo.
Os alumnos do II MXDS visitan Sogama
15/12/2009
Os alumnos do II MXDS visitan Sogama
Os alumnos da segunda edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible visitaron as instalacións de Sogama.
Inaugúrase o II MXDS cunha conferencia do profesor José Manuel Moreno
02/10/2009
Inaugúrase o II MXDS cunha conferencia do profesor José Manuel Moreno
O profesor José Manuel Moreno participou no acto de apertura da segunda edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible cunha conferencia sobre o traballo "neutral" dos científicos e a necesidade de que os gobernos tomen medidas contra o cambio climático. O Catedrático de Ecoloxía e director do departamento de Ciencias Ambientais da Universidade de Castilla-La Mancha é o responsable do Centro de Investigaciones del Fuego e participou como autor coordinador líder do capítulo europeo no IV Informe do Panel Intergubernamental de Expertos en Cambio Climático (IPCC).
No transcurso do acto entregáronse os diplomas acreditativos aos alumnos da primeira edición do MXDS.
Ver noticia relacionada publicada no Faro de Vigo.
EspañolGalegoEnglish
¿Te animas a formar parte del X MGDS? ¡El medio ambiente combina con todo!>>
Experiencias profesionales de ex-alumnos del MGDS (XIX): Iria García Lorenzo (Administración de Empresas y Publicidad y Relaciones Públicas)>>
PSA Vigo hace balance de sus acciones para minimizar su huella ambiental>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo