O MXDS é un máster presencial e ten periodicidade anual. Estructúrase en 60 créditos ECTS dos que 42 se dedican á docencia presencial, 12 á realización de prácticas en empresas e 6 ao Traballo Fin de Mestrado (TFM). Todas as materias son obrigatorias. A docencia distribúese en catro materias básicas (12 créditos ECTS) e oito materias de especialización (30 créditos ECTS), que se imparten desde principios de outubro ata finais de marzo. As prácticas en empresas, que se realizan a partires de principios de abril e duran un mínimo de dous meses a tempo completo, vincúlanse á elaboración do Traballo Fin de Máster, que debe presentarse ante un tribunal para a súa avaliación. As normas que rexen a elaboración e defensa do TFM son aprobadas anualmente pola Comisión Académica do Máster (Regulamento do TFM). Neste enlace pode consultar unha listaxe dos TFM realizados polos alumnos do MXDS nas sete primeiras edicións. | |
Materias básicas - Ciencias ambientais (3 ECTS)
- Tecnoloxías ambientais (3 ECTS)
- Lexislación ambiental (3 ECTS)
- Economía ambiental (3 ECTS)
Materias de especialización - Estratexia empresarial e medio ambiente (5 ECTS)
- Instrumentos de xestión ambiental na empresa (5 ECTS)
- Sistemas de xestión medioambiental e auditorías (4 ECTS)
- Responsabilidade social corporativa (4 ECTS)
- Avaliación de impacto ambiental (3 ECTS)
- Avaliación ambiental estratéxica (3 ECTS)
- Enerxías renovables (3 ECTS)
- Empresa e cambio climático (3 ECTS)
Prácticas en empresas (12 ECTS) Traballo fin de máster (6 ECTS) |