Menu

Comentarios de antigos alumnos

Ter elexido estudar o MXDS na Universidade de Vigo é o gran desenlace que foi a miña vida académica de 20 anos. Medrar nunha familia multicultural (nacido na Arxentina e criado na Cidade de México) sempre me fixo querer arriscarme en retos máis demandantes e esixentes, se é posible sempre en entornos internacionais. Experiencias anteriores na miña vida, como estudar a Licenciatura en Gales (Reino Unido) e facer un ano de prácticas en Toulouse (Francia) colaborando no departamento da cadea de suministros e calidade da compañía Aeronáutica Airbus, foron algúns dos retos e experiencias nas que me teño enfrentado nos últimos tempos e que me axudaron a desenvolverme profesionalmente e como ser humano. Elixir o MXDS foi a conclusión de varios anos dentro do perfil académico da área económico-empresarial. Os temas que se ensinan durante o curso abordáronse dunha forma coherente e con xente altamente cualificada e recoñecida. Ademais, para finalizar, invitáronme a colaborar nunha práctica de 3 meses dentro dunha importante consultora medioambiental e de innovación de Galicia (A Coruña), chamada "Valora" onde complementei moitos dos temas vistos durante o Máster e onde afortunadamente, queren que continúe colaborando con eles. Se che interesa a Sostenibilidade e che gustaría colaborar cunha empresa onde poidas chegar a reforzar o visto durante as clases impartidas no MXDS é seguramente o que estés buscando.

Sebastian Eduardo Miranda Rubianes - Ldo. Excelencia en Negocios y Estudos Internacionais - Reino Unido (IV MXDS 2011-2012).