Prezo

Dado que o MXDS é un título oficial, o seu prezo ven determinado polo Decreto no que se fixan os prezos dos estudos universitarios. 

O coste do crédito para o curso 2019-2020 é de 31,36 € en primeira matrícula e de 38,54 € en segunda e sucesivas matrículas (Decreto 73/2019, do 4 de xullo, DOG do 11 de xullo de 2019). Esto supón un coste total duns 1.900 € en primeira matrícula para os alumnos do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) e duns 2.400 € para os alumnos de fóra do EEES. Existe a posibilidade de pago fracionado en 6 prazos. 

As taxas universitarias das universidades galegas, que están conxeladas desde o curso 2011-2012, son unhas das máis baixas de España.  Máis información no informe "¿Por qué precios tan distintos? Precios y tasas en las universidades públicas en España, curso 2016/17" publicado polo Observatorio del Sistema Universitario. 

Se estás traballando por conta allea, ó MXDS é bonificable, co que a matrícula é gratis ou a un prezo máis reducido. Podes optar entre dúas modalidades de bonificación: o Crédito de Formación e o Permiso Individual de Formación.  Para obter máis información: mxdsostible@uvigo.es.

Calendario de preinscrición e matrícula - CURSO 2019-2020

Todo o proceso de preinscrición e matrícula realízase online neste enlace

Primeiro prazo: CERRADO

  • Preinscrición: do 21 de xuño ao 1 de xullo de 2019
  • Listado provisional de admitidos: 9 de xullo de 2019
  • Reclamacións: do 10 ao 12 de xullo de 2019
  • Listado definitivo de admitidos: 16 de xullo de 2019
  • Confirmación de matrícula: do 17 ao 22 de xullo de 2019

Segundo prazo:

  • Preinscrición: do 26 de agosto ao 2 de setembro de 2019
  • Listado provisional de admitidos: 6 de setembro de 2019
  • Reclamacións: do 7 ao 10 de setembro de 2019
  • Listado definitivo de admitidos: 12 de setembro de 2019
  • Confirmación de matrícula: do 13 ao 16 de setembro de 2019

Terceiro prazo (se hai prazas vacantes):

  • Preinscrición: do 23 ao 25 de setembro de 2019
  • Listado provisional de admitidos: 1 de outubro de 2019
  • Reclamacións: do 2 ao 4 de outubro de 2019
  • Listado definitivo de admitidos: 9 de outubro de 2019
  • Confirmación de matrícula: 10 e 11 de outubro de 2019

IMPORTANTE:

Se tes intención de preinscribirte no terceiro prazo ou se estás a punto de rematar pero todavía non estás graduado nesas datas, escríbenos a mxdsostible@uvigo.es.

Para máis información sobre o proceso de matrícula, os documentos necesarios ou os prazos:
EspañolGalegoEnglish
Experiencias profesionales de ex-alumn@s del MGDS (XX): Cynthia Fernández (Biología)>>
¡A por la XI edición del MGDS! Calendario de preinscripción y matrícula 2019-2020>>
¿Te animas a formar parte del X MGDS? ¡El medio ambiente combina con todo!>>
Módulo de automoción y medio ambiente
faiTIC
Universidade de Vigo