Novas
Informe do Grupo III del IPCC sobre mitigación do cambio climático
Lugar: Salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, da Facultade de Ciencias do Mar.
Hora: 13:00h
Día: 2 de outubro
Este xoves 18 de setembro: Seminario de Íñigo Losada. Explicará polo miúdo, os resultados do quinto informe do Grupo de Traballo II do IPCC.
Lugar: Salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, da Facultade de Ciencias do Mar.
Hora: 13:00h





Nova edición do "Programa de bolsas e axudas á investigación da Fundación Iberdrola" para o curso 2013-2014. Máis concretamente, lanzouse a IV Convocatoria de Bolsas para cursar Estudios de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en España. Cabe destacar que nas 3 convocatorias anteriores o MXDS contou con bolseiros da Fundación Iberdrola.
Tamén se lanza a III Convocatoria de Bolsas para cursar estudios de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en Reino Unido e a III Convocatoria de Axudas á Investigación en Enerxía e Medio Ambiente.
Prazo límite: 28 de febreiro de 2013.
Máis información e formulario de solicitude.
O sábado 1 de decembro os alunos do MXDS participaron nunha visita ás Illas Cíes "con otra mirada", actividad organizada pola Asociación de Oceanógrafos de Galicia e o Campus do Mar.
Durante a subida ao Monte do Faro e a través do mirador de aves, púidose disfrutar da flora e fauna da illa. Máis fotos da viaxe.




O presidente da Autoridade Portuaria, Ignacio López-Chaves, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron esta mañá o novo convenio de colaboración que posibilitará que o alumnado do mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible poida realizar prácticas nas instalacións da Autoridade Portuaria de Vigo.?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" /
EMALCSA (Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A.) é a responsable da xestión total do Abastecemento de auga potable no Concello de A Coruña e no de Carral, así como o saneamento deste último. Os alumnos visitaron as duas plantas de potabilización de auga e a de lodos.?xml:namespace prefix = o ns = "urn:schemas-microsoft-com:office:office" /
A Fundación Iberdrola convoca as súas bolsas para estudios de máster en enerxía e medio ambiente en España. A III e a IV edición do MXDS contaron con bolseiros da Fundación Iberdrola. Prazo límite: 29 de febreiro de 2012.
Máis información e formulario de solicitude.
Valora Consultores, unha das principais empresas galegas no ámbito da sostibilidade, responsabilidade social e innovación, formalizou, por segundo ano consecutivo, un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para financiar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A firma colaborará tamén aportando profesores ao Máster e facilitando prácticas aos alumnos.
Ver noticia relacionada no DUVI.
Máis información picando aquí.
O grupo automobilístico PSA Peugeot Citröen acaba de asinar un convenio coa Universidade de Vigo para que os alumnos do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible poidan realizar prácticas de 6 meses nas instalacións da factoría gala en Vigo. Ademáis, o mestrado contará con expertos da firma automobilística para impartir diversos seminarios.
Ver noticias relacionadas no DUVI e no Diario de Pontevedra.








A Fundación Iberdrola presentou o pasado mes de xaneiro a II Convocatoria de Bolsas para Estudos de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en España. As áreas formativas contempladas son as seguintes: enerxías renovables, xestión de emisións e captura de carbono, eficiencia enerxética, medio ambiente e biodiversidade, e sistema enerxético sostible. A presente convocatoria prevé conceder ata 25 bolsas para o periodo 2011-2012, para cursar estudos de máster en universidades ou centros tecnolóxicos españois. Esta convocatoria está dirixida a estudantes españois, británicos e estadounidenses.
O prazo de inscrición na convocatoria de bolsas 2011-2012 finalizou o 15 de febreiro. Tras a revisión de todas as solicitudes recibidas, publicaráse a relación final de candidatos admitidos o 15 de xuño de 2011.
Máis información na web da Fundación Iberdrola.











